|
||||
|
||||
O fotógrafo e deseñador galego afincado en Sevilla crea a imaxe de “Pedro e o Capitán” o último traballo cinematográfico de Pablo Iglesias que se está a rodar estes días en Compostela.
Marcos Varela comenta:
“Para min é un enorme pracer traballar con Pablo. Ninguén como él me da tanta liberdade creativa. Os seus proxectos soen ser moi interesantes. é unha mágoa porque a maioria deles non chegan a ve-la luz por mor de non optar ás suvencións que ofrecen os organismos”.
“A verdade que levo traballando neste proxecto máis dun ano, incluso antes de que nacera a produtora de Pablo, Ledesma Producións, da cal tamén crei a sua imaxe”.
“O traballo comezou pola elaboración dos distintos dosieres para que tivese a oportunidade de optar ás subencións”.
“Decidimos traballar entorno a unha imaxe limpa, de brancos e negros, arroupada polas estampas de Miguel de Lira e Diego Anido. Tiven que convencer ó director de practicar esta sinxeleza estética e non caer nos efectistas afiches americanos. Nun primeiro momento Pablo suxeriume que deseñase algo similar á imaxe de Face Off, a peli esa tan cutre de Cage e Travolta. Fixen oídos xordos e parín esta imaxe máis sobria e sofisticada”.
“Estou moi ledo cos resultados. Agora mesmo estou a rematar o seu site, onde tamén aparecerá un link para chegar ata este BLOG e outras sorpresas”.
“Agardo que o filme chegue a bo porto e poder ver os meus carteis colgados nas salas de cine de todo o mundo. (jajaja). Haberá que facer unha adaptación dos carteis co novo material fotográfico que se obteña da rodaxe para que sexa un retrato mais fiel do que alí aconteza”.
“Finalmente non poderei estar na rodaxe ocupándome do Making of, pois caso dentro dun par de semanas e ando a mil cos preparativos. Pero a próxima finde semana aproveitarei que teño que viaxar a Compostela para achegarme ata o set de rodaxe a saudar ó equipo”
PARABÉNS PABLO!!
Onte iniciouse a rodaxe da película Pedro e o capitán, baseada nun libro do escritor uruguaio Mario Benedetti, no Instituto Galego da Información (IGI), situado en Santiago de Compostela.
A obra de Benedetti, ambientada nas ditaduras latinoamericanas dos anos 70, narra a relación entre un torturador, o capitán, interpretado polo actor galego Miguel de Lira, e a súa vítima, Pedro, interpretado por Diego Anido.
A longametraxe será rodada en galego, e en branco e negro, e utilizarase unha técnica “sobre todo panorámica”.
A productora galega Ledesma Producións comenzou o pasado 7 de xullo en Santiago de Compostela e durante 3 semanas o rodaxe do seu primiero largometraxe, Pedro e o Capitán. A adaptación ao cine da famosa obra teatral de Mario Benedetti.
Una indagación dramática na psicología dun torturador y a sua intensa conversa co seu torturado. A resposta a por que, mediante que proceso, un ser normal pode converterse nun torturador.